RECICLAXE EN BRAILLE
Reciclaje en braille / Recycling in braille
Unha labor rutinaria?
Para a meirande parte da poboación a acción de reciclar é rutinaria e de menor dificultade. Con todo, isto non é así para todos. Para as persoas con ceguera non é tan fácil como distinguir cores, normalmente os acompaña unha persoa que os axude, pero, e se eso non é posibel? e se un día non está dispoñíbel?
Importancia da reciclaxe
A situación global é preocupante, e todos sabemos que unha pequena acción que podemos facer para mellorar o medioambiente é reciclar. O 6,2% da poboación española padece unha discapacidade visual que lle imposibilita a realización de este pequeno xesto que todos temos co ecosistema.
Como queremos mellorar a situación?
A maneira máis sinxela e eficaz, e a que buscamos levar a cabo, é a de implementar, nos contenedores xa existentes, etiquetas de alumnio co nome do tipo de lixo que se debe de botar en cada un.
Este tipo de contenedores adaptados xa comezou a estar presente en España fai máis dunha década. En Galiza están presentes dende o 2011, cando foron implementados na cidade de Pontevedra, e máis recentemente en A Coruña, no 2020.
Será Redondela a seguinte?
As etiquetas incluirán o nome escrito en galego, para a xente que non pode distinguir as cores, así como a súa tradución ao braille, para as persoas que padezan unha perda completa da visión.